02/04/2024
A Universidade de Santiago de Compostela acolleu a celebración e a entrega de premios do III Hackathon Social-Tech, un evento que destaca o compromiso da universidade coa innovación, a economía social e o emprendemento.
Durante o Hackathon celebrado o 16 de marzo, destacáronse tres proxectos innovadores de entre as propostas presentadas por un grupo diverso de estudantes. As solucións gañadoras foron premiadas pola súa creatividade, viabilidade e alineación cos obxectivos de desenvolvemento sostible e economía social.
- Gañadores do III Hackathon Social-Tech
-
Primeiro Premio: MuMu asistente lácteo, creado por Álvaro Fernández, Victor Vidal e Manuel Vilariño. O premio foi entregado por Luis Otero, delegado do reitor para a transferencia e o emprendemento.
-
Segundo Premio: USCar, desenvolvido por David Álvarez, Alexandra Rodríguez e Davide Crucitti. Entregado pola decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo.
-
Terceiro Premio: CLU-NET, unha iniciativa de Antía Fernández, Nicolás Avendaño, Kateline Brito e Bárbara Lobos. Entregado por Loreto Fernández, en representación do Liesga.
Estes proxectos non só recibiron recoñecemento e apoio da comunidade académica, senón tamén das entidades colaboradoras como CLUN Cooperativa Rural Galega que plantexou os retos aos participantes. A cooperativa Creativas Galegas contribuíu significativamente a este evento presentando o seu proxecto.
Os equipos gañadores están xa preparándose para presentar as súas propostas no Encontro Internacional de Jóvenes Emprendedores (#EIJE2024), que se celebrará os días 11 e 12 de abril na Facultade de Ciencias da Educación. Este evento representa unha oportunidade única para que os nosos emprendedores sigan desenvolvendo as súas ideas innovadoras.
Desde o LIESGA, queremos felicitar a todos os participantes polo seu esforzo, dedicación e contribución á economía social e á innovación. Continuaremos traballando para fomentar un ecosistema de innovación que poña ás persoas e ao desenvolvemento sostible no centro das nosas accións.