¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
III Hackathon Social - Tech
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O III Hackathon Social - Tech celébrase do 14 ao 16 de marzo na Universidade de Santiago de Compostela

O termo Hackathon resulta da unión dos conceptos "maratón" e "hacker", e refírese a unha experiencia de innovación aberta que busca alcanzar unha meta común de forma colaborativa, nun período curto de tempo.

As persoas participantes desenvolverán habilidades transversais, como a innovación, a comunicación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais, todas elas competencias chave para futuros postos de traballo.

Este Hackathon Social Tech pretende involucrar aos estudantes no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e sostibles aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dando solucións nun período de tempo limitado, traballando en equipos multidisciplinares e cunha metodoloxía intensiva e presencial.

As solucións estarán encadradas no ámbito do emprendemento social, a sostibilidade e o potencial da tecnoloxía para resolver retos sociais. Ademais, participarán representantes de diferentes empresas que proporcionarán informacióon sobre a metodoloxía e os retos. O programa divídese en día 1, 'Da oportunidade á idea', día 2 'Da idea á solución' e día 3 'Presentación e selección de proxectos gañadores'.

  • Quen pode participar?

Calquera estudante da USC, grao, master ou douramento con ganas de aprender, compartir coñecementos e aportar valor á sociedade. Non é preciso ter coñecementos específicos. Os equipos formarémolos o primeiro día. Haberá un premio para os dous mellores proxectos.

  • Data e lugar de celebración

14 e 15 de marzo de 2024 de 16:00h a 20:00h e 16 de marzo, de 9:30h a 13:30h. Aula 3 do Módulo A da Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida (USC).

  • Queres participar?

Para asistir tes que cubrir a solicitude de inscrición antes do 8 marzo ás 23:59h. Unha vez pechado o prazo de inscrición, contactaremos contigo para confirmar a túa participación. A actividade está limitada a 30 prazas.

Ligazón á inscrición

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar