10/12/2024
O pasado 20 de novembro, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais converteuse nun punto de encontro para o diálogo, a aprendizaxe e a colaboración sobre produción sostible e economía social en Galicia.
Participantes:
- Pablo Fernández, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, compartiu a súa visión sobre o papel da economía social no sector agroalimentario.
- Loreto Fernández, de LIESGA, destacou a importancia da conexión entre a universidade e o cooperativismo.
- Claudia Rodríguez, de Alén S.Coop.Galega, inspirounos co seu proxecto de produción sostible centrado na comunidade.