¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
1º Hackathon Social
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Un proxecto da USC, segundo premio na oitava edición do Encontro Internacional de Emprendedores Novos

Un xurado composto por profesorado universitario elixiu as propostas que considerou de maior interese en base a criterios como o grao de innovación, impacto económico e social ou viabilidade de implantación, entre outros elementos a valorar 

O proxecto Skeirrum da USC, integrado por Erea Rodríguez e Cintia Lomba, obtivo o segundo premio na oitava edición do Encontro Internacional de Emprendedores Novos que desenvolveuse en Zamora na Escola Politécnica Superior para promover a cultura do emprendemento. Ademais de Skeirrum, a institución compostelá concorreu con outros tres proxectos: EnergyFarm, Thermood e Iceberg 360.

A base do programa foi a presentación de iniciativas empresariais e sociais propostas por alumnado de todas as institucións participantes. Un xurado composto por profesorado universitario elixiu as propostas que considerou de maior interese en base a criterios como o grao de innovación, impacto económico e social ou viabilidade de implantación, entre outros elementos a valorar.

Loreto Fernández Fernández, Emilia Vázquez Rozas e Eva López Barrio, en representación da USC, participaron como xurado. O encontro trata de fornecer a presentación de proxectos de emprendemento nas universidades e institutos politécnicos españois e do norte de Portugal.

A participación neste encontro dos alumnos e alumnas da USC foi posible grazas ao apoio do LIES_GA e da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Cómpre mencionar, tamén, que dous dos proxectos presentados, EnergyFarm y Thermood naceron no Hackathon que o LIES_GA organizou o pasado mes de marzo.

O Hackathon enmarcouse no programa de actuación 2022 - 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e EconomíaSocial.

Fonte: USC

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar