¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
1º Hackathon Social
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Participa no I Hackathon Social e únete á Innovación Social

O A experiencia, organizada polo Laboratorio de innovación e economía social de Galicia,  terá lugar os días 4 e 5 de marzo no Edificio Emprendia do Campus Vida da USC e está aberta a todo o estudantado da universidade

  • Que é o Hackathon Social USC?

O termo Hackathon resulta da unión dos conceptos "maratón" e "hacker", e refírese a unha experiencia de innovación aberta que busca alcanzar unha meta común de forma colaborativa, nun período curto de tempo. Este Hackathon Social, organizado polo LIESGA, pretende involucrar aos estudantes no desenvolvemento de solucións aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

As persoas participantes desenvolverán habilidades transversais, como a innovación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais, todas elas competencias chave para futuros postos de traballo.

  • En que consiste?

En dar solucións a retos diferentes relacionados cos ODS nun período de tempo limitado, traballando en equipos multidisciplinares e cunha metodoloxía intensiva e presencial. Os retos serán seleccionados polo alumnado nas sesións de presentación que se realizarán en diferentes centros. As solucións estarán encadradas no ámbito do emprendemento social, a sostibilidade na universidade e o potencial da tecnoloxía para resolver retos sociais. De entre todas as solucións presentadas, escollerase unha solución gañadora para cada un dos dous retos finais.

  • Quen pode participar?

Calquera estudante da USC con ganas de aprender, compartir coñecementos e aportar valor á sociedade. Non é preciso ter coñecementos específicos nin formar parte de ningún grupo para participar. Os equipos formarémolos o primeiro día.

Haberá un premio para os dous mellores proxectos.

  • Data e lugar de celebración

4 de marzo de 2022, de 16:00h a 20:00h e 5 de marzo, de 9:00h a13:00h.

Edificio Emprendia, Campus Vida (USC)

  • Queres participar?

Para asistir tes que rechear a solicitude de inscrición antes do 25 de febreiro as 23:59h.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, contactaremos contigo para confirmar a túa participación.

A actividade está limitada a 24 prazas.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 - 2023 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e EconomíaSocial.

1º Hackathon Social