¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
Encontro de axentes socioeducativos
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

III Encontro da Comunidade de Accións e Saberes arredor do Rural

Santiago de Compostela acolle a terceira xornada de encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural (www.arredordorural.org).

Este evento servirá de encontro entre colectivos rurais, estudantes e profesorado que teñen interese nas actividades de Aprendizaxe-Servizo vinculadas ao medio rural, como forma de integrar o impulso da acción rural e a aprendizaxe e proxectos de futuro no rural. Esta actividade celebrarase o vindeiro 15 de xuño de 2022 no Centro de Estudos Avanzados (CEA), no parque de Vista Alegre (Santiago de Compostela).

Os obxectivos que persegue esta actividade son:

  • A posta en común dos avances feitos no marco da comunidade.
  • A difusión e promoción entre o estudantado dos proxectos da comunidade e da labor e os saberes dos colectivos que a conforman.
  • A ampliación a outras formas para vincular coñecemento e acción rural no futuro da comunidade.

Este encontro ten carácter formativo sustentado nas aprendizaxes mutuas e multidireccionais entre diferentes tipos de axentes.

DATOS DO EVENTO

  • 15 de Xuño-Centro de Estudos Avanzados-USC (parque de Vista Alegre)
  • LÍMITE DE PRAZAS: 100
  • O encontro desenvolverase entre as 10 da mañá e as 18 da tarde

Formulario de inscrición

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar