¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
1º Hackathon Social
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Bolsas para realizar estadías en cooperativas no marco do programa Creando Mellora

A Unión de Cooperativas EspazoCoop inicia o proceso de selección de persoas bolseira para participar nas Estadías en Cooperativas, no marco do Programa Creando Mellora, na súa 10ª edición

A convocatoria está dirixida a persoas preferentemente a mulleres en desemprego ata trinta anos con estudos na área empresarial.

Convócanse 4 Bolsas para as localidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra, que darán a posibilidade de realizar unha Estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 5 meses para apoiar o ámbito xerencial e procesos de mellora.

As bolsas están dotadas cunha axuda económica mensual bruta de 700 €.

A previsión da duración da Estadía é de Maio a Setembro 2022 a razón de 25 horas semanais. As bolsas están vinculadas a un Programa Formativo teórico-práctico que vai paralelo á Estadía.

Sinalar que como parte do proceso de selección das Bolseiras (previo á Estadía), as candidatas pre-seleccionadas terán que realizar un curso de formación cooperativa, previsto do 1 ao 17 de Abril de 20 h. en modalidade semi-presencial (con só 1 sesión presencial en Santiago o 1 de abril, e 3 sesións virtuais).

A Estadía en Prácticas ten por obxetivo analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa. A persoa Bolseira e a Cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de EspazoCoop, que se realiza en cordinación coa Cooperativa apoiando as súas necesidades e demandas.

Xa foron beneficiarias dunha Estadía en Prácticas nunha Cooperativa 50 persoas bolseira sao longo do conxunto de tódalas edicións. As súas valoracións son moi positivas, contribuíndo á mellora da súa formación e a acadar experiencia que facilita a incorporación ao mundo laboral. Ademais de ser un programa diferenciador, xa que as persoas se especializan en materia cooperativa e nalgúns casos quedan vinculadas profesionalmente ao sector cooperativo e da economía social. Poderíase dicir que é un programa que crea "canteira" para o mundo cooperativo.

Lembra, prazo: luns 28 de marzo 2022

Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 - roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9-14 h.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar