13/12/2021
O Laboratorio de innovación e economía social de Galicia participa no Seminario 'Laboratorios generadores de conocimiento', organizado pola Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales da Universidad de Sevilla.
O obxectivo desta xornada é servir de espazo de reflexión para xerar ideas de cara ao deseño organizativo do futuro Laboratorio de Nuevos Modelos de Economía, Negocio y Emprendimiento (NEBELab) da Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales.
Desde Galicia, a profesora Isabel Neira, unha das impulsoras do LIES_GA, presenta o laboratorio para compartir cos asistentes o obxectivo do lanzamento deste proxecto e as actividades que está a poñer en marcha.