Traballamos pola promoción, visibilización e o desenvolvemento da economía social desde a Universidade de Santiago de Compostela
O LIES_GA está composto por unha equipa de docentes e investigadoras da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Compostela.
Queremos ser un punto de encontro e referencia para as actividades de economía social e innovación social no ámbito universitario galego
Neste apartado podes atopar unha listaxe de entidades que resultan de interese para saber máis sobre a economía social.
O proxecto está destinado a persoas da comunidade universitaria (alumnado, profesorado e persoal de servizos xerais) dos campus de Santiago e Lugo, entidades de economía social e innovación social, e sociedade en xeral
Fomentar a economía social entre o persoal docente e alumnado.
Impulsar a investigación e a innovación social
Mellorar a identificación da economía social e das iniciativas de innovación social como ferramentas de emprendemento orientadas á construción dunha sociedade que sitúe no centro ás persoas.
Mellorar a empregabilidade das mulleres e das persoas con discapacidade da comunidade universitaria
Potenciar e favorecer a interlocución entre as entidades de Economía social e a universidade
Mellorar o aliñamento coa axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
Avanzar cara un novo paradigma que combine crecemento con sustentabilidade