¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
LIES_GA
LIES_GA
Diálogos Inspiradores
Diálogos Inspiradores
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Botan a andar os Diálogos Inspiradores, nexo de unión entre a universidade e a economía social

04/11/2024

  • Un evento para conectar ideas e proxectos sobre produción sustentable e economía social, co obxectivo de transformar o sector agroalimentario en Galicia

O vindeiro 20 de novembro ás 16:30 horas, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais converterase nun espazo de diálogo, aprendizaxe e colaboración sobre produción sostible e economía social. Nunha xornada única organizada polo LIESGA no marco do programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo, reunirémonos con voces expertas do ámbito académico, cooperativista e institucional para analizar os retos e oportunidades dun futuro agroalimentario máis verde e responsable en Galicia.

Baixo o título "Diálogos Inspiradores", este encontro abordará o papel fundamental da economía social e do cooperativismo para impulsar a produción de alimentos sostible, centrada no benestar comunitario e no fortalecemento da economía local. A actividade contará coa participación do Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Pablo Fernández; da representante do LIESGA, Loreto Fernández; e da cooperativista Claudia Rodríguez, de Alén S.Coop.Galega.

Por que asistir?

Nesta xornada terás a oportunidade de:

  • Aprender de expertos sobre os desafíos e as tendencias actuais na produción de alimentos sostible en Galicia.
  • Compartir ideas e experiencias con profesionais e emprendedores que buscan transformar o sector agroalimentario.
  • Conectar con institucións e cooperativas que traballan para crear proxectos innovadores e respectuosos co medio ambiente.

Se es estudante, profesional ou tes interese en temas de sustentabilidade, economía social e innovación no sector alimentario, este evento é para ti. Inscríbete

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo ae a economía social que conta co financiamento do MInisterio de Traballo e Economía Social.